Camariñas celebra este venres o aniversario da súa Biblioteca

1 minutes read

A Biblioteca Pública Municipal de Camariñas botou andar no ano 1994, conta cunha ampla oferta enciclopédica y temática así como co distintivo de biblioteca innovadora desde o ano 2018, tras ser galardoada co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, convocado nese ano pola Consellería de Cultura e Turismo.

Neste ano tan atípico, o Concello de Camariñas celebra igualmente este venres 23 de outubro o aniversario da súa biblioteca, pero todas as actividades terán aforo limitado polo que os interesados en participar neste día tan especial deberán de reservar a súa praza na biblioteca.
Haberá xogos, musica, contos, globos, e ademáis non podía faltar a torta!.