O Concello de Camariñas celebra este xoves 8 de decembro, a IX Festa da Palilleira que terá lugar no pavillón municipal de Camariñas ‘Víctor Vigo’ en horario de 10:30 horas a 14 horas y de 16 a 19 horas.
Está previsto que asistan máis de 450 palilleiras chegadas de diferentes puntos de Galicia e doutros puntos de España (Galicia, Soria…). Ademais, haberá un Mercado de Nadal, hinchables e sorteos de dez vales doados polas asociacións Rendas e Puntillas.
A inauguración institucional e o discurso da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 12:00 horas.