Camariñas celebra o Día das Letras Galegas con obradoiros, contos musicais e unha xincana

Día das Letras Galegas 2022

  • As actividades levaranse a cabo do 16 ao 19 de maio

O Concello de Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cun programa de actividades dirixidas tanto a pequenos como a maiores e que se desenvolverán entre os días 16 e 19.

Luns, 16. Ás 16.00 horas, a biblioteca municipal acollerá unha xincana para 25 nenos e nenas a partir de 8 anos. Será necesario reservar praza en cultura@camarinas.net ou no teléfono 665 13 44 90.

Martes 17. A partir das 12.00 horas celebrarase a entrega de premios Certame Letras Galegas. Quen o desexe poderá poñerlle cor á figura do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Guirriarán. Ás 12.30 horas actuará o grupo musical Breogáns.

Mércores 18. Contada musial A formiga na barriga, de Charo Pita. Será ás 11.00 horas na biblioteca municipal e vai dirixida a bebés de entre 0 e 3 anos.

Xoves 19. De novo na biblioteca, pero a partir das 16:00 horas, desenvolverase Papelarte, un obradoiro de esculturas de papel a cargo de Electra Menéndez Muñoz. Está pensado para nenos e nenas a partir de 4 anos, previa reserva de praza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha