Camariñas celebrará o 30º Aniversario da Mostra do Encaixe en outubro

  • Durante a Semana Santa, data tradicional do festexo deste evento, organizaranse actividades ao aire libre co encaixe como protagonista

O 30º Aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña de Camariñas celebrarase no mes de outubro, entre os días 8 e 12. Despois dunha extensa deliberación e de múltiples conversacións cos sectores que vertebran a economía do municipio, “sería terrible suspender por segundo ano consecutivo a Mostra do Encaixe”, subliñou a alcaldesa, Sandra Ínsua.

“Contemplamos estritas medidas de seguridade e hixiene e controlaremos os aforos de todas as salas”, recalcou a concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro.

Pola súa banda, a directora da Mostra, Dolores Lema, anunciou que “con todo, organizaremos durante a Semana Santa actividades ao aire libre e adaptadas ao contexto sanitario vixente, que terán o encaixe como elemento protagonista”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha