Camariñas celebrará unha andaina polo Día da Inclusión

0 minutes read

A concellería de servizos sociais do Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación ÍNTEGRO de Nantón, organiza unha andaina polo Día Da Inclusión. Será o 20 de setembro as 12 do mediodía.

Sairá desde o Club Náutico e chegará ata a Praza do Concello. Alí faranse distintas actividades e lerase un manifesto. Máis tarde celebrarase unha comida conxunta entre os membros de distintos colectivos.