Camariñas | Claudina Mata, deseñadora: «Voy a incorporar el encaje siempre»

1 minutes read
  • A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, lembra que grazas aos deseñadores máis coñecidos o encaixe é un «elemento de vangarda»

Claudina Mata é unha das deseñadoras máis fieis ao desfile de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Pero ademais pódese considerar unha das súas mellores embaixadoras ao utilizar o encaixe en moitas das súas creacións e espallalo polo mundo.

«Tengo tres colecciones de novia: Novia Natura, Novia del aire y Greta y en todas está presente el encaixe de Camariñas, a mis clientas les encanta», explica a diseñadora granadina, quen ademais fai fincapé en que lles conta toda a tradición que hai detrás e as mans expertas que coidan cada paso que dá o fío. «Ellas lo admiran mucho porque aquí en el sur hay muy poca gente que se encargue de eso y la tradición es más escasa».

Mata admira «el mantenimiento de la tradición que se hace en Camariñas a través de la Mostra» e afirma que «voy a incorporar el encaje siempre» xa que adora como senta nos vestidos «integrándose perfectamente en la colección y en el espíritu de la marca».

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, agradece a Claudina «a devoción que amosa cada vez que ven á Mostra por Camariñas e polo encaixe» e lembra que «a devoción que amosa cada vez que ven á Mostra por Camariñas e polo encaixe».