O Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, comezou a campaña de batidas de vespa velutina ca colocación de trampas piloto para facer unha sondaxe da situación actual. Procederase á revisión das mesmas cada quince días.
Observáronse, a estas alturas do ano, varias trampas con velutinas dentro, debido ás temperaturas suaves que se deron durante todo o inverno. O insecto adiantou o seu ‘espertar latente’ e volve estar activo antes do habitual.
As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron. De momento este tipo de mecanismo está a ter unha grande efectividade.
Estes elementos colócanse nas árbores con flor, onde a velutina se achega para polinizar as flores. Especialmente nas árbores con camelia, un dos favoritos do insecto.
