Camariñas | Concello e Stolt Sea Farm proxectan visitas guiadas para escolares

Visita a Stolt Sea Farm_Concello de Camariñas

  • O alumnado poderá coñecer as instalacións da granxa de acuicultura e ver como se traballa na mesma

O goberno local de Camariñas realizou este venres unha visita institucional á planta que ten Stolt Sea Farm na localidade co obxectivo de poder deseñar, nun futuro próximo, unhas visitas guiadas pola granxa de acuicultura destinadas aos escolares.

A multinacional, referente mundial dentro do seu sector, desembarcou preto do Faro Vilán de Camariñas no 2004 implementando un proceso de cría do rodaballo sostible e respectuoso co medio ambiente.

Tanto a rexedora da localidade, Sandra Ínsua, como o director de sustentabilidade da fábrica, Carlos Tavares, coincidiron na importancia e o valor destas visitas para os estudantes, que poderán coñecer as instalacións e como é o traballo que se realiza nas mesmas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha