Camariñas | Conclusións da comisión de seguimento do COVID-19

1 minutes read
Concello de Camariñas

Este luns tivo lugar de xeito telemático unha reunión máis da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas. Entre os temas que se trataron, destacan:

👉 A alcaldesa, Sandra Insua, está en continuo contacto cos médicos de cabeceira para coñecer as cifras oficiais do virus no municipio e poder tomar as medidas de control necesarias.
👉 Ante o incumprimento das normas do Estado de Alarma, as forzas de seguridade xa identificaron a 114 persoas, interceptaron 15 vehículos e elevaron 5 propostas de sanción.
👉 Pediuse á Xunta, a través da Fegamp, a entrega semanal de Equipos de Protección Individual para os peóns de servizos múltiples que se ocupan da desinfección, policía local, protección civil, persoal de recollida de residuos e auxiliares do SAF.
👉 Este luns empezaba a desinfección das beirarrúas e rúas de #Camelle, que se retomará cando amaine o vento.
👉 O persoal de limpeza que estaba traballando nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio encargarase de desinfectar e limpar os vehículos municipais, o almacén e tamén a apoiar aos operarios na desinfección das entradas dos establecementos de acceso público.
👉 Para recibir as peticións veciñais de reparto das 15.000 máscaras que se están a confeccionar a través do departamento da Mostra do Encaixe usarase o teléfono da concelleira do Encaixe (667034305).