Camariñas conmemora o Día do Orgullo entrevistando a especialistas en xénero e igualdade

Entrevistas sobre género e igualdad_Ayuntamiento de Camariñas

  • As conversas, dirixidas pola nova axente de Igualdade municipal, poden verse na web do Concello

O Concello de Camariñas súmase aos actos conmemorativos polo Día do Orgullo LGTBIQ+ que se celebra este luns, 28 de xuño, publicando unha serie de entrevistas gravadas a tres expertas e especialistas en xénero e igualdade.

As conversas, que poden verse na web municipal, estiveron dirixidas pola nova axente de Igualdade municipal, «un posto que non estaba cuberto nos últimos anos e que ven de rematar o proceso de selección», destacan desde o Goberno local.

As entrevistadas foron Patricia Freire, graduada en Educación Social e especializada en xénero e igualdade que colabora como voluntaria en ALAS Coruña e coa que se falou sobre a bisexualidade; Ana García Fernández, presidenta de ALAS Coruña e activista non binaria polos dereitos do colectivo LGTB, sobre todo do colectivo trans; e Sara Romero, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres e unha das propulsoras da Lei Trans galega do 2017.