Camariñas continúa co programa de compostaxe doméstica para todas as parroquias

1 minutes read

Nesta ocasión e coa subvención da Deputación da Coruña, poderán participar 15 persoas. Recibirán gratuitamente un composteiro, manual de uso, formación, titoria e asesoramento personalizado para que poidan realizar a compostaxe óptimamente. 

Nas anteriores edicións máis de cen persoas do concello realizaron esta actividade e veñen realizando un compost de alta calidade que fertiliza a súa horta e plantas, mellora a estrutura do solo no que o aplican e mellora a retención da auga nos chans.

Para participar só tes que inscribirte na Casa de Pedra do Concello de Camariñas ou chamar ao teléfono 981 737 004. De luns a venres de 8:00 a 15:00h. O prazo estará aberto ata esgotar as 15 prazas dispoñibles.