Camariñas contratará 12 peóns para a limpeza de praias

Imaxe dunha limpeza nunha praia__PIXABAY

  • O prazo para presentarse ao proceso estará aberto desde este mércores ata o venres, 4 de xuño

O Concello de Camariñas contratará 12 persoas para que realicen traballos de limpeza nas praias da localidade durante a época estival. Para participar no proceso, subvencionado a través dun programa da Deputación da Coruña para a limpeza de praias marítimas, un dos requisitos é ter cumpridos os 16 anos.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde mañá, mércores, ata o venres 4 de xuño. Os interesados poderán presentar as súas instancias de xeito presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal.