Camariñas convoca o certame literario infantil e xuvenil polo Día das Letras Galegas

Este venres 9 de maio publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do certame literario infantil e xuvenil que organiza o Concello de Camariñas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular.

O prazo para presentar os traballos remata o 12 de maio e poderán participar todas as persoas que cursen estudos de educación infantil, primaria e secundaria nalgún dos centros educativos do municipio, ou residentes que cursen estudos nun centro doutro Concello.

Repartiranse 580 euros en premios para as diferentes categorías: mellor traballo colectivo Educación Infantil (80 euros); mellor prosa 1º ciclo de Primaria (30 euros); mellor poesía 1º ciclo de Primaria (30 euros); mellor prosa 2º ciclo de primaria (30 euros); mellor poesía 2º ciclo de primaria (30 euros); mellor prosa 3º ciclo de primaria (30 euros); mellor poesía 3º ciclo de primaria (30 euros); mellor prosa 1º ciclo de secundaria (80 euros); mellor poesía 1º ciclo de secundaria (80 euros); mellor prosa 2º ciclo de secundaria (80 euros); mellor poesía 2º ciclo de secundaria (80 euros).

As obras serán individuais, en prosa ou en verso, orixinais, escritas en lingua galega e de tema e extensión libres, coa excepción das persoas que cursen estudos en educación infantil que presentarán un traballo colectivo. Cada centro educativo presentará un máximo de tres traballos por subcategoría.

Poden consultarse as bases completas en https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/09/2025_0000002826.pdf

Related posts

O Concello da Laracha adxudica dous proxectos de mellora da rede viaria que suman 183.000 euros

Carballo | A programación de Apego arrinca coincidindo coa Semana da Mobilidade

O PSOE de Coristanco propón ceder terreos para crear unha base de bombeiros forestais no municipio