Camariñas destina 40.000 euros ao acondicionamento da rúa Virxe do Monte

Obras en la calle Virxe do Monte_Concello de Camariñas

  • A obra, financiada con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, comezará nos próximos días

O Concello de Camariñas realizou os procesos de replanteo da rúa Virxe do Monte como paso previo ás obras de mellora no firme e beirarrúas da mesma. Este proxecto conta cun orzamento de 40.288,61 euros que serán financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos iniciaranse nos próximos días e inclúen a demolición dos actuais bordos e beirarrúas ademais do pavimento da vía para, posteriormente, proceder á renovación de todos os elementos con formigón e aglomerado asfáltico. As obras rematarán co pintado da sinalización e un paso de peóns.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha