Camariñas destina 432.000 euros ao contrato do Servizo de Axuda no Fogar

PIXABAY

  • Este terá unha duración dun ano prorrogable por tres anualidades máis

O Concello de Camariñas aprobou en Xunta de Goberno Local o contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para o que destina un total de 432.439,90 euros. Este terá unha duración mínima dun ano, prorrogable ata chegar ás tres anualidades.

O proxecto inclúe unha previsión para poder cubrir un total de 23.380 horas, a maioría delas (19.9000 horas) adicadas ás persoas que se atopan nunha situación de dependencia recoñecida e o resto para o acceso de libre concorrencia.

O obxectivo deste servizo é atender a persoas ou unidades de convivencia no seu propio domicilio mellorando a calidade de vida dos usuarios, posibilitando a permanencia destes na súa contorna de convivencia habitual ou favorecer e potenciar a autonomía persoal na propia vivenda entre outros fins.

A empresa adxudicataria deberá dirixir ao persoal de atención directa, manter unha coordinación cos servizos sociais municipais e facer unha avaliación xeral do servizo realizando ademais unha proposta de medidas para mellorar o mesmo.