32
- Esta actuación está financiada a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña
O Concello de Camariñas destinará 71.662,79 euros para a construción dunha senda peonil na marxe esquerda dunha pista de Lingunde que é moi usada pola veciñanza, sobre todo no verán.
O proxecto, que ten por obxecto mellorar a seguridade na zona, está financiado a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña e foi aprobado en pleno o pasado venres, 28 de xaneiro.
Os traballos inclúen a pavimentación do tramo da calzada destinada á circulación de vehículos, a instalación da canalización para a recollida e evacuación das augas pluviais e o pintado de tres pasos de peóns.