36
- Haberá descontos de entre o 20% e o 50% en 25 establecementos
O Concello de Camariñas celebra outro ano máis o seu particular ‘Black Friday’, que terá lugar o venres 22 e o sábado 23 de novembro, para lograr dinamizar o comercio local a través de importantes descontos e sorteos nos locais participantes.
Nesta ocasión son 25 os establecementos que se unen ao ‘Black Friday’ e ofrecerán descontos de entre o 20% e o 50% nos artigos seleccionados. Ademais, ao realizar unha compra nestas tendas entregarase un ticket para participar no sorteo dun vale dun 30% de desconto en cada tenda.