Camariñas e La Turballe crean un receitario tradicional e moderno

Portada del recetario

  • O libro será presentado na 31ª Mostra do Encaixe de Camariñas

O Concello de Camariñas e o de La Turballe (Francia), apoiados pola Asociación La Turballe – Cap Camariñas, veñen de rematar o libro ‘La Turballe e Camariñas comparten mesa’, un receitario onde atopar as preparacións máis tradicionais e modernas de cada municipio.

Esta publicación é o froito dun traballo conxunto de veciños de ambas localidades, con receitas que foron pasando de xeración en xeración e tamén con historias sobre os distintos lugares.

O libro será presentado publicamente na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña coa presenza das persoas que o fixeron posible. Os rexedores de ambas localidades e a presidenta da Asociación La Turballe – Cap Camariñas escribiron os prólogos.