Camariñas e Malpica están no nivel medio de restricións


Algo máis de 10.500 veciños estrearon este domingo o nivel medio de restricións na Costa da Morte: Son os habitantes de Camariñas e de Malpica. Nos dous concellos, os contaxios familiares causaron un incremento de casos. A hostalería volve ser a principal prexudicada. A ocupación máxima nos interiores baixa ao trinta por cento e queda nun cincuenta por cento nas terrazas.Cunha ducia de casos activos en Malpica, e oito en Camariñas cómpre ser cautos. O nivel medio de restricións só permite reunións de ata seis non conviventes en espazos pechados e de dez en exteriores. O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.