Camariñas e Malpica presentan unha programación de Nadal chea de maxia e actividades

2 minutes read
  • O Concello de Ponteceso anunciou a visita de Papá Noel para o próximo día 23, sendo necesario reservar cita

Algúns concellos da Costa da Morte xa fixeron pública a súa programación de Nadal onde a maxia, o teatro, as actuacións musicais, o deporte ou a degustación dunha chocolatada farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos que xa non o son tanto. Por suposto, non faltará a visita de Papá Noel nin a dos Reis Magos.

CAMARIÑAS

Venres 24 de decembro. A alcaldesa, Sandra Ínsua, recibirá ás 11:00 horas a Papá Noel na casa consistorial antes de que este comece a visitar diferentes parroquias do municipio para coñecer as peticións dos máis pequenos.

Domingo 26 de decembro. A Casa de Pedra acollerá, desde as 18:00 horas, o espectáculo ‘Historia fabulosas, dous magos e outras cousas’, de Ian e Elisa. Trátase dunha obra de fantasía, maxia e sombras chinesa dirixida a un público familiar. Terá unha duración de 50 minutos.

Domingo 2 de xaneiro. No mesmo lugar e á mesma que o espectáculo anterior celebrarase scape room máxico, que misturará a maxia, o misterio e outras probas nunca antes vistas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e durará 50 minutos.

Mércores 5 de xaneiro. As actividades de Nadal rematarán coa cabalgata dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Camariñas por mar na lancha de salvamento marítimo ateigados de caramelos e percorrerán todas as casas do concello. Ese mesmo día haberá inchables desde as 17:00 horas na Praza da Insuela.

MALPICA

O Concello de Malpica pon en marcha un programa de Nadal en colaboración con varias entidades locais. A programación arrincará este sábado e estenderase ata o 6 de xaneiro.

Entre as actividades que se van a desenvolver atópanse obradoiros de artesanía, actividades deportivas, exhibicións, actuación musicais, unha chocolatada no Mercado Artesán de Nadal e, por suposto, visitas como especiais como a de Papá Noel e os Reis Magos.

Se o tempo non acompaña, as actividades programadas no exterior desenvolveranse no mercado municipal.

Programación de Nadal en Malpica_Concello

PONTECESO

Papá Noel tamén se pasará polo concello pontecesán. En concreto visitará a biblioteca do centro cultural o próximo xoves 23, de 16:00 a 20:00 horas. Será necesario reservar cita no teléfono 659 431 242.