Camariñas | Entregados os premios do certame escolar das Letras

0 minutes read

A aula Raquel Moreira Carril do Museo do Encaixe acolleu o acto de entrega dos premios do certame escolar organizado polo Concello de Camariñas para conmemorar o Día das Letras Galegas.
As premiadas de cada categoría recolleron de mans da alcaldesa, Sandra Insua, e da concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, os seus respectivos cheques agasallo.
O xurado que tomou a decisión estaba formado por un mestre de cada centro educativo participante: o IES Pedra da Aguia, o CEIP Ponte do Porto e o CEIP O Areal.