24
Protección Civil do Concello de Camariñas desprazouse este martes á Coruña para entregar material para Ucraína. O equipo achegou roupa, comida, produtos de hixiene persoal e cueiros para bebés á tenda CHILSA77.
Tamén se incluíu na entrega material contra a covid-19, como equipos de protección persoal, material de desinfección e máscaras antigases das que dispoñía o Concello, que quedou a disposición da tenda para novas recollidas, no caso de ser necesarias.