Camariñas | Éxito de participación no ‘Día do deporte na rúa’


A Praza do Mercado encheuse de familias do Concello de Camariñas que acudiron xuntas a desfrutar do ‘Día do deporte na rúa’, unha iniciativa lúdico festiva que foi todo un éxito de participación e na que os asistentes puideron probar os deportes que se organizan  no municipio a través das diferentes entidades deportivas.

Os rapaces e rapazas puideron desfrutar, xunto coas súas familias, do ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa, así como circuítos de seguridade viaria (con patinete, patíns ou bicicleta) e demostracións de primeiros auxilios.

Todos os participantes tiñan unha tarxeta que podían ir selando cada vez que participaban nunha estación, conseguindo un agasallo ao completar a participación en todos os deportes.