27
- Estas rutas suman arredor de 220 quilómetros e poderán seguirse a través da aplicación Wikiloc
O Concello de Camariñas lanza o proxecto ‘Camariñas explora’, unha iniciativa de dinamización turística vinculada ao deporte a través da que se propoñen 20 rutas sinalizadas co obxectivo de dar a coñecer boa parte do territorio e «situarnos como un destino seguro e activo», destaca o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa.
Os técnicos deportivos municipais deseñaron varios percorridos novos e incorporaron algúns sendeiros existentes, chegando finalmente ás 20 rutas que suman en total 220 quilómetros e que están dirixidas a diferentes tipos de usuarios e afeccionados de modalidades como o sendeirismo, o running ou o ciclismo. Todas as rutas poderán seguirse no móbil a través da aplicación Wikiloc.