Camariñas fumiga diariamente as zonas dos locais aos que pode acceder a veciñanza

Traballadores no concello de Camariñas

  • O obxectivo é fumigar tanto as vías, como as beirarrúas ou o mobiliario público preto dos centros de saúde ou supermercados

O Concello de Camariñas continúa a tomar medidas para contribuír á deter a expansión do COVID-19. Desde este martes e ata que finalice o estado de alarma, os operarios municipais fumigarán cada día as vías e o mobiliario público nas zonas onde haxa locais aos que pode acceder a veciñanza.

Os traballadores dividiranse en dous grupos para poder chegar cada día á totalidade do municipio. O seu obxectivo é fumigar tanto as vías, como as beirarrúas ou o mobiliario público preto dos centros de saúde ou supermercados.

Ademais, tamén se actuará nos contedores de cada parroquia xa que o servizo de recollida de lixo segue funcionando. Esta acción levarase a cabo un día en cada zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha