Camariñas honra aos náufragos do Serpent, Iris e Trinacria

1 minutes read

O Concello de Camariñas realizou este venres no Cemiterio dos Ingleses o acto de homenaxe para conmemorar os 133 anos do naufraxio máis importante da Costa da Morte, o do torpedeiro ‘HMS Serpent’ que naufragou na Punta do Boi, e aproveitou para colocar dúas placas polos naufraxios do Iris e o Tinacria.

As placas, nas que aparecen os nomes dos mariñeiros falecidos polo afundimento dos barcos Iris e Tinacria e que tamén están enterrados neste cemiterio, descubríronse durante a tradicional ofrenda do Concello, que levaron a cabo a alcaldesa, Sandra Insua, o concelleiro Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes.

Alí, Sandra Insua explicou que “o que queremos é poñer en valor o cemiterio é á vez o patrimonio cultural e a historia de Camariñas”. “Este cemiterio, que ten un alto valor histórico, tamén supón unha visita obrigada para as persoas que visitan Camariñas e a Costa da Morte xa que forma parte da ‘European Cemiteries Tour’, unha ruta cultural europea”, engadiu.

Ademais, a rexedora adiantou que a semana que vén colocarán no paseo unha exposición sobre naufraxios, que estaba prevista para esta semana pero non puido instalarse por culpa do mal tempo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?