Camariñas impulsa a autocompostaxe en 200 vivendas

1 minutes read
  • As persoas interesadas en participar poden anotarse na Axencia de Desenvolvemento Local

Camariñas inicia o proxecto de compostaxe doméstica nas vivendas do concello para este 2020-2021, cuxa finalidade é implantar a autocompostaxe en 200 vivendas que dispoñan de terreo ou espazos para esta actividade. Os composteiros serán gratuítos e os participantes contarán cunha formación por parte do persoal especializado.

Estas actuacións continúan coas que xa se realizaron nos últimos anos, aínda que agora tamén se creará a rede de ‘Compostaxe de Camariñas’ para promover o intercambio entre compostadores locais a través da telefonía móbil e dun encontro anual.

Nas próximas semanas realizarase unha campaña de información e captación porta a porta polas parroquias do concello. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden inscribirse na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas, na Casa de Pedra de Camariñas (teléfono 981 737 004, correo electrónico medioambiente@camarinas.net)