Camariñas impulsa un programa para evitar a fuga de talento do rural á contorna urbana


  • O programa “Camariñas con talento” nace da colaboración entre o Concello e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Promo Camariñas con Talento.

Os obxectivos básicos que se perseguen son promover e capacitar o emprendemento na mocidade, como vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais. Ademais, preténdese incrementar a viabilidade e a autoestima das mozas e mozos empresarios nestes territorios.

Está dirixido a persoas menores de 30 anos e contempla actividades como un obradoiro de atitudes emprendedoras, unha visita guiada a boas prácticas empresariais, un obradoiro práctico de creación de contidos audiovisuais con dispositivos móbiles, e un curso sobre “Instagram para empresas”.

As actividades son de balde, previa inscrición, que se pode formalizar ata o 15 de agosto, na Axencia de desenvolvemento local de Camariñas, na praza de Insuela s/n.