Camariñas inicia o proceso de contratación de tres técnicos para a Oficina de Turismo

1 minutes read

O Concello de Camariñas publicou no BOP os procesos para contratar tres técnicos para a Oficina de Turismo municipal. Contrataranse dous deles a tempo parcial e outro a tempo completo e o prazo para participar no proceso está aberto ata o próximo día16.

Os técnicos encargaranse da apertura do punto de Información Turística en xullo, agosto e setembro de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas todos os días, fins de semana e festivos incluídos. Atenderán aos visitantes, aportando información e apoio no seu viaxe e estadías. Moi especialmente apoio na organización de visitas de colectivos. Darán información local e sobre o xeodestino da Costa da Morte e a provincia da Coruña e sobre calquera outra información turística que solicite o visitante.  

As solicitudes presentaranse dirixidas á Alcaldía, no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?