Camariñas | Iniciada a renovación de pavimento e saneamento na rúa Rozas, en Arou

0 minutes read

O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos para a renovación do pavimento e da rede de saneamento na rúa Rozas, en Arou, un proxecto que conta cun orzamento de 48.386,97 euros e que está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña. Os traballos suporán unha urbanización completa da zona, renovando todos os pavimentos e a rede de saneamento, á que se conectarán as augas negras, construíndo unha rede de pluviais e novas acometidas de saneamento e pluviais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?