Camariñas | Iniciadas as obras de pavimentación na rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto

Imagen del acta de replanteo_Concello de Camariñas

  • Os traballos están valorados en 125.000 euros e son financiados polo Plan Único da Deputación

O Concello de Camariñas deu luz verde, coa execución da acta de replanteo, ao inicio dos traballos do proxecto de pavimentación na rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto. Esta actuación conta cun orzamento de 125.000 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

As obras permitirán mellorar un firme que «actualmente se atopa bastante deteriorado», afirman desde o goberno local. A intervención inclúe o desbroce da vía e a limpeza das marxes, a demolición do pavimento existente en varios tramos e, por último, a execución dun novo de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica.

O prazo de execución dos traballos é de 3 meses.

Obras na rúa Alto do Penedo_Concello de Camariñas