Camariñas | Iniciadas as obras dos novos aparcamentos na rúa Eugenio López

0 minutes read
  • As obras facilitarán o estacionamento dos pais e nais que acoden diariamente ao CEIP O Areal

O Concello de Camariñas iniciou este mércores os traballos para habilitar aparcamentos na avenida Eugenio López, na zona ubicada diante do pavillón.

Con esta intervención mellorarase a seguridade viaria, destacan desde o goberno local, ao facilitarlle o estacionamento a aqueles pais ou nais que acoden diariamente ao CEIP O Areal para recoller aos seus fillos.

Estas obras están agora en marcha xa que a rúa se atopa pechada por culpa das actuacións de remodelación da Praza de San Xurxo.