Camariñas instala un novo peche de cristal e unha varanda na ponte da dársena

Cedida.

Despois de anos pechada, os veciños de Camariñas poderán volver a facer uso da ponte da dársena. O Concello de Camariñas abrirá proximamente esta infraestrutura despois de rematar os traballos de reparación, que consistiron na instalación dun novo peche de cristal e unha varanda.  

A alcaldesa, Sandra Insua, quixo destacar que “a pesar da nosa insistencia, Portos non colaborou nesta obra polo que nos vimos obrigados a asumir, polo ben dos veciños do noso concello e porque estamos cansos de ver como Portos descoida os seus bens, uns traballos que deberían corresponder a outra administración”. O goberno local tivo que custear con fondos propios os traballos, que contaron cun orzamento de 15.000 euros.  

A actuación consistiu na reparación dos paneis de cristais que estaban rotos e, ao mesmo tempo, instalouse un pasamáns cunha suxeición especial que contribuirá a evitar o deterioro dos cristais. Agora, o goberno local vai a instalar a iluminación e limpar a zona para, nun prazo máximo de 15 días, poder abrir a ponte ao público.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha