Camariñas | Investigado por circular a 135 km/h en zona de 50 e dar positivo por alcoholemia

Foto.- Guardia Civil.

Os feitos ocorreron cando efectivos da Garda Civil que se atopaban realizando un control preventivo de velocidade na estrada AC-432 no termo municipal de Camariñas detectaron a un vehículo circulando a 135 quilómetros por hora nun tramo con velocidade limitada a 50 km/h.

Tras deter ao vehículo para notificarlle ao seu condutor a infracción detectada polo cinemómetro, os gardas civís percibiron que esta persoa mostraba síntomas de atopase baixo a influencia de bebidas alcohólicas, procedendo a realizarlle a pertinentes probas de alcoholemia, lanzando unha taxa de 0,74 mg/ l de aire expirado na primeira e de 0,72 mg/ l na segunda.

A Garda Civil procedeu á investigación deste condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e á confección do pertinente boletín de denuncia por conducir a unha velocidade de 135 km/h nunha tramo dunha vía interurbana limitado a 50 km/h.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha