34
A Policía Local de Camariñas vén de abrir unha investigación para esclarecer unha vertedura de aceite hidráulico polas alcantarillas que está afectando á depuradora e é previsible que provoque unha avaría na mesma. Desde o Concello de Camariñas denuncian este tipo de actos incívicos que non só afectan ao medio senón que, como neste caso, afectarán ao resto de veciños e veciñas do municipio xa que é posible que terminen provocando problemas graves na depuradora.