13
- Será o próximo 5 de agosto ás 19:00 horas.
O Museo Man de Camelle, no concello de Camariñas, acollerá o vindeiro venres, 5 de agosto, a presentación do libro ‘Lo que me convirtió en Mago’ de Jasson Bross. O acto, aberto ao público, está programado para as 19:00 horas.
‘Lo que me convirtió en Mago’ é unha obra de ficción contemporánea que destaca, ademais de pola súa orixinal proposta narrativa, polo dominio da prosa dun xeito áxil, amable, explícito e mesmo crú. A novela relata viaxes por diferentes continentes, historias de amor e formas diversas de comprendelo; maxia e capacidades humanas cada vez máis ausentes na sociedade actual.