Camariñas | Luz verde ao proxecto da segunda fase do paseo da Area da Vila

Reunión para o proxecto do paseo na Area da Vila

  • A actuación estará enfocada en protexer ás vivendas da erosión provocada polos factores climáticos

O Concello de Camariñas prepara un novo proxecto para executar a segunda fase do paseo marítimo de Area da Vila, que se enfocará en protexer ás vivendas alí localizadas da erosión provocada polos factores climáticos e o paso do tempo.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, acompañada dos concelleiros Sergio Caamaño e Encarna Liñeiro, reuniuse este luns de xeito telemático co subdirector xeral para a Protección da Costa, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Ángel Muñoz Cubillo, para dar luz verde á redacción do proxecto.

O obxectivo desta reunión foi sentar as bases dun acordo de colaboración para levar a cabo a segunda fase do Paseo de Area da Vila, correspondente á parte da Punta da Carnicería. Xa existía un proxecto anterior do ano 2010 que pasaba por dominio público, pero actualmente estas intervencións non se realizan polo que a iniciativa resultaba inviable.

Estes traballos completaranse coa primeira fase do proxecto, que vai desde a Punta da Carnicería ata a rúa Vulcano e que se acometerá por parte do Concello de Camariñas con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña.

Plano do proxecto do paseo na Area da Vila_Concello de Camariñas

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha