Camariñas, máis preto de conseguir mellores conexións móbiles grazas ao 4G e 5G

  • Telefónica, Orange e Vodafone comezarán a implantar os novos servizos durante as próximas semanas

Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron este xoves que durante as próximas semanas realizarán en Camariñas o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4 G e 5 G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Isto permitirá que a veciñanza poida gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT) os operadores traballarán coa entidade Llega700, encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. As incidencias poderán rexistrarse chamando de xeito gratuíto ao 900 833 999 ou a través de www.llega700.es.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha