0
- Grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental adquiríronse 10 desbrozadoras, 2 sopladores, 2 cortacéspedes e 2 hidrolimpadoras
O Concello de Camariñas, a través da subvención do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), destinou 59.423,21 euros a mercar maquinaria de limpeza e roza de cara a «axilizar as labores de conservación do medio e dos camiños que realizan os operarios municipais anualmente», sinalan desde a Executiva.
Este mércores a alcaldesa, Sandra Ínsua, comprobou as ferramentas adquiridas: 10 desbrozadoras, 2 sopladores, 2 cortacéspedes e 2 hidrolimpadoras. O obxectivo xeral desta compra será servir de apoio a tarefas de melloras medioambientais e contorna verde, protección do medio e prevención e extinción de incendios.