29
- Creada polos arquitectos CREUSeCARRASCO, estará no museo camariñán en depósito indefinido
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) cedeu ao Museo de Man, ubicado no concello de Camariñas, a réplica da casa do artista deseñada polos arquitectos CREUSeCARRASCO e que formou parte da exposición ‘Museo (do ermitán) Man’ inaugurada o 6 de marzo de 2020 no CGAC e que posteriormente itinerou ao Museo do Mar de Galicia en Vigo.
A peza, que está pintada recuperando a imaxe dos anos 70, pertence ao CGAC e estará en depósito indefinido no Museo de Man, en Camelle. Os operarios comezaron xa os traballos de instalación de caseta, que se situará diante do edificio.