Camariñas | O Concello quere mercar a Casa do Mar de Camelle para rehabilitala

Casa do Mar de Camelle_Concello de Camariñas

  • O edificio está nun estado ruinoso e a Tesourería Xeral da Seguridade Social mostrou a súa predisposición a vendelo

O Concello de Camariñas quere adquirir a Casa do Mar de Camelle para rehabilitala e convertela nun espazo de ocio, respondendo así unha antiga demanda dos veciños da parroquia.

A alcaldesa, Sandra Ínsua, visitou o edificio xunto co director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Miguel Planas Roca; a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes; o concelleiro de Urbanismo, Sergio Caamaño; e membros da Asociación de Veciños A Pergoliña.

Na actualidade a Casa do Mar de Camelle atópase nun estado ruinoso tras máis dunha década de abandono, unha situación que constatou o director provincial da TXSS. Planas amosou a súa predisposición para que pase a mans do Concello, que pretende facer unha oferta de compra en condicións favorables xa que só sendo propietario poderá optar a axudas de rehabilitación.

«A intención do goberno local é ir rehabilitando o inmoble pouco a pouco para poder facer uso del e que a veciñanza de Camelle teña un espazo en condicións para poder facer actividades e cursos xa que a casa de Man está quedándose pequena e Camelle é unha das parroquias onde os nenos e nenas máis participan nas actividades que organizamos», explicou a rexedora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha