Camariñas | O cruzamento do Pedrouzo xa é máis seguro para os nenos

Melloras no cruzamento do Pedrouzo, en Camariñas_Cedida

  • Habilitouse unha zona para o bus escolar que ademais evitará estacionamentos indebidos de coches particulares

No Concello de Camariñas remataron os traballos de acondicionamento no cruzamento do Pedrouzo, unha actuación realizada polos operarios municipais para mellorar a seguridade viaria na zona.

As obras incluíron a habilitación dunha zona ao carón da marquesiña para que o bus escolar poida facer as súas paradas fóra da vía, mellorando así a seguridade dos nenos e nenas. Ademais, este novo espazo evitará os estacionamentos indebidos.

O goberno local tamén ten pendente a recepción e colocación dunha nova marquesiña para Camelle. A Xunta xa a concedeu pero aínda non foi entregada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha