Camariñas | Mostra do Encaixe virtual do 31 de marzo ao 4 de abril

Imaxe de arquivo da Mostra do Encaixe

  • Trátase dunha das novidades postas en marcha para esta II edición virtual da Mostra do Encaixe 2021

O Concello de Camariñas confirmou fai unhas semanas que no mes de outubro celebrará a II edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que, este ano, contará con máis novidades. O seu funcionamento centrarase na comercialización do encaixe e na publicación de desfiles das diferentes pasarelas.

O obxectivo deste evento é comercializar o encaixe e fomentar a labor que fan anualmente os comercios locais neste eido. Por iso, do 31 de marzo ao 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través de Facebook e Instagram unha serie de produtos con encaixe que contarán con ofertas especiais nesas datas. Por outra banda, cada colección participante elaborará un vídeo coa finalidade de mostrar os seus deseños coa aplicación do encaixe.

Outra das novidades que se presentan nesta segunda edición son as datas. Do 31 de marzo ao 4 de abril celebrarase o certame de Jóvenes Diseñadores e, como antesala á XXX Mostra do Encaixe, no mes de setembro publicaranse os vídeos dos Grandes Deseñadores e do Artencaixe.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, agradeceu o esforzo do departamento da Mostra por “idear, outro ano máis, o xeito de que non tivésemos unha Semana Santa sen encaixe”.

No ano 2020, 237.962 usuarios visualizaron desde os seus fogares os 175 vídeos que se sucederon desde o mércores ata o domingo da Mostra Virtual.