Camariñas ofrece cursos de creación de vídeos con móbil e Instagram para empresas

Estas actividades forman parte do programama Camariñas, con talento , promovidas polo Concello de Camariñas e subvencionadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que teñen como obxectivos promover e capacitar o emprendemento na mocidade , divulgar oportunidades para creación de empresas e promocionar o talento local emprendedor. A duración do curso de creación de vídeos con dispositivos móbiles será de 20 horas gratuítas, a celebrar do 2 ao 5 de setembro.

Instagram para empresas

Este outro curso tamén gratuíto ten como obxectivo iniciar ás persoas participantes no manexo da rede social Instagram para promocionar as súas empresas, perfis profesionais ou actividades persoais ou asociativas, a duración é de tres horas e a data prevista do curso o 10 de outubro.

Información e inscrición, en ambos os casos, de luns a domingo, na Área de Desenvolvemento Local e na Caseta de Información Turística de Camariñas. Teléfono 981737004 ou 981737204, adl@camarinas.net ou turismo@camarinas.net

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha