Camariñas | Ofrenda floral polo 131 aniversario do afundimento do Serpent

1 minutes read
  • O navío inglés naufragou na Punta do Boi, perecendo 173 homes

Este mércores, 10 de novembro, cumpríronse 131 anos do afundimento do Serpent, o navío inglés que naufragou na Punta do Boi de Camariñas falecendo 173 homes. A alcaldesa, Sandra Ínsua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes celebraron onte a tradicional ofrenda floral.

De xeito paralelo, no paseo marítimo da vila do encaixe inaugurouse unha exposición ao aire libre na que se poden ver imaxes, recortes de prensa e todo tipo de documentación sobre os naufraxios acontecidos na costa camariñana.

Por outra banda, o goberno local continúa a dar pasos no proxecto do Museo dos Naufraxios, que servirá para homenaxear a todos os mariñeiros afogados do municipio e que se agarda que pronto sexa unha realidade.