Camariñas organiza a ‘Danza rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama


O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo o sábado 22 de outubro en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

A actividade consiste nunha andaina e danza de arcos, con punto de saída na praza do concello ás 16 horas, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Á volta haberá unha charla na Casa de Pedra a cargo do doutor Francisco J. Blanco, catedrático de Reumatoloxía da UDC e xefe da sección de Reumatoloxía do CHUAC.

Todas aquelas persoas que desexen participar e queiran facelo vestidas coa camiseta do evento poderán recollela na casa do concello cun donativo de 5 euros que irá a parar á Asociación Española Contra el Cáncer.