Camariñas organiza a segunda «Danza rosa» no Día Internacional contra o Cancro de Mama

  • A acción terá lugar o sábado 19 de outubro e as persoas que desexen participar deberán anotarse na Casa de Pedra.

O Concello de Camariñas fai por segundo ano consecutivo un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’ que levará a cabo o sábado 19 de outubro en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

A actividade consiste nunha danza de arcos, con punto de saída na praza do concello e chegada ata o porto, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Todas aquelas persoas que desexen participar e queiran facelo vestidas con camisetas e panos rosas deberán anotarse na Casa de Pedra, en horario de 10 a 14 horas, poñéndose en contacto coa técnica de Igualdade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha