Camariñas organiza obradoiros de prevención da violencia de xénero no IES Pedra da Aguia

1 minutes read

O Concello de Camariñas organiza, con motivo da conmemoración do 25N, varios obradoiros para a prevención da violencia de xénero dirixidos ao alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Plurilingüe ‘Pedra da Aguia’ da Ponte do Porto.

As actividades, que están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Goberno de España, comezaron este venres e estenderanse ata o 21 de novembro.

As sesións, que se impartirán a un total de 84 mozos e mozas, son maioritariamente prácticas para que a rapazada se sinta implicada nas propias actividades. O obxectivo é concienciar e formar ás novas xeracións en valores de igualdade, respecto e rexeitar calquera tipo de violencia machista.

Desde o Concello agradecen ao centro escolar a colaboración e a coordinación que sempre brinda para levar a cabo este tipo de actividades.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?