Camariñas, outro concello que se adhire ao Plan de Acción para o Clima

1 minutes read
  • O PP abstívose na votación deste plan, cuxo obxectivo é reducir as emisións de CO2 en polo menos o 40%

O Concello de Camariñas aprobou en pleno o Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES), un documento para facer fronte ao cambio climático. PSOE e BNG votaron a favor, mentres que o PP se abstivo. Os asinantes teñen como obxectivo a redución das emisións de CO2 en polo menos un 40 % para 2030.

O PACES do Concello de Camariñas fixo un diagnóstico da súa situación actual comparándoa coa de hai 10 anos, concluíndo que se reduciron 203.44 Tn de CO2, un 41,13%, debido aos plans de acción que se realizaron entre os anos 2010 e 2019.

Outros asuntos. No pleno tamén se aprobou a delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local en materia de contratación, sempre que os procesos non superen o 10% do orzamento municipal. O obxectivo desta modificación é axilizar a xestión do goberno e evitar que se alarguen os prazos, eliminando pasos intermedios. Ademais, cos votos a favor PSOE e a abstención do PP e BNG, deuse luz verde ao recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 87.545,10 euros.

En canto aos días festivos par ao próximo ano, declaráronse como tal o 23 de abril, día de San Xurxo e o 16 de xullo, día da Virxe do Carme.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?