Camariñas pide máis responsabilidade á hora de reciclar

Ayuntamiento de Camariñas

  • Varios contenedores apareceron desbordados con material que non lles correspondía

Este luns o Concello de Camariñas fixo un novo chamamento á responsabilidade social para «poder lograr unha xestión sostible dos nosos residuos», destacan desde o Goberno local.

Durante os últimos días varios contedores ubicados en distintas rúas daban conta da falta de conciencia en canto á reciclaxe dalgúns veciños, enchendo de cartón os colectores verdes e deixando os azuis completamente baleiros.

Desde a Administración local lembran que a recollida dos iglús de cartón realízase os luns pola mañá. Ademais, tamén se recolle porta por porta este material naqueles establecementos que se apuntaron á campaña do Concello a través do 981 736 000.

Os contedores amarelos, pola súa banda, baléiranse os luns pola tarde, e no caso dos verdes estes líbranse cada dous días. Os venres, ademais, recóllense voluminosos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha